HomesociedadeA UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

A UNED Sénior de Sarria celebrou esta semana no Vello Cárcere, o acto de graduación das materias Inglés para Viaxar e Tertulias Literarias. Un total de 40 estudantes recolleron os seus diplomas nunha xornada especialmente emotiva, presidida polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e pola directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo tempo, facer balance de doce anos de presenza continuada da UNED Sénior en Sarria, unha iniciativa plenamente consolidada na vida educativa, social e cultural da vila.

A directora da UNED de Lugo destacou especialmente a fidelidade das persoas que forman parte deste proxecto e lembrou que o verdadeiro éxito da UNED Sénior reside en quen, curso tras curso, continúa achegándose á Universidade coa mesma curiosidade e coas mesmas ganas de aprender.

Neste sentido, durante o acto lembrouse que dúas estudantes levan matriculadas todos e cada un dos cursos desde a creación da UNED Sénior en Sarria hai doce anos, un exemplo da fidelidade, da constancia e do compromiso coa formación que caracterizan este programa.

A celebración permitiu tamén volver aos inicios da aula Sénior e recoñecer a figura de Olga López (Olguita), unha das grandes impulsoras da súa creación, que xunto coa corporación municipal daquela etapa apostou decididamente por facer realidade a chegada deste proxecto da UNED a Sarria.

A directora agradeceu igualmente o compromiso das distintas corporacións municipais que, ao longo destes doce anos, deron continuidade á iniciativa e contribuíron a estreitar cada vez máis os vínculos entre a UNED de Lugo e o Concello de Sarria. Tivo un agradecemento especial ao alcalde, Claudio Garrido, pola acollida que Sarria brindou á UNED noutros ámbitos de colaboración, especialmente nas Xornadas Xurídicas de Sarria. A incorporación da Universidade a esta iniciativa permitiu reforzar a súa vertente académica e contribuír á súa proxección internacional, ampliando así unha relación institucional que naceu coa UNED Sénior e que foi medrando ao longo dos anos.

De cara ao futuro, Ana Belén Traseira avanzou a intención de incorporar novas materias no segundo cuadrimestre deste mesmo curso, dada a elevada demanda de formación existente entre os estudantes da UNED Sénior de Sarria. A proposta pretende seguir ampliando progresivamente a oferta e dar resposta a unha comunidade educativa especialmente activa, participativa e comprometida coa aprendizaxe ao longo da vida.

Doce anos despois da súa chegada a Sarria, a UNED Sénior continúa demostrando que nunca é tarde para aprender, compartir experiencias e seguir formando parte activa da Universidade e da sociedade

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...