HomeCultura200 persoas celebran o día das bibliotecas no Saviñao

200 persoas celebran o día das bibliotecas no Saviñao

O concello do Saviñao celebrou o día das bibliotecas con actividades nas que entre visitas escolares, obradoiros, contacontos e encontros con autoras, participaron máis de 200 persoas.

Publicado o

Contouse con sesión de contos de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, e o xogo de pistas da escritora Antía Yáñez, autora de O misterio de Portomarín, título do que tivo que asinar exemplares a petición do alumnado do CPI Dr. López Suárez a quen lles gustou despois de lelo como lectura obrigatoria.
Os alumnos e alumnas da Escola Infantil participaron nunha sesión de contacontos en alemán e en italiano ademais de cantar contos en galego. Houbo sesión práctica sobre o funcionamento do catálogo en liña, no que puideron ver como se incorpora un título novo (alumnos de 6º de Primaria) e como se fan xestións en liña cando se tén algún título en préstamo (alumnos de 1º da ESO).
Pola tarde houbo merenda e cea entre as diversas sesións de obradoiros e contacontos, rematando con karaoke á medianoite. O día 24 leuse o pregón de Gemma Pasqual, traducido ó galego por Héctor Cajaraville e repartíronse os marcapáxinas que elaborou o Colectivo Lemos Le con motivo desta data para o 2019.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...