HomeCulturaIX edición dos Cantos de Taberna o 7 de decembro na Pobra...

IX edición dos Cantos de Taberna o 7 de decembro na Pobra do Brollón

Aberto o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar nesta popular cita anual nos bares da Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

Os grupos participantes nesta cita recibirán un agasallo pola participación, ademais dun convite para a Feira do Viño de Vilachá, que se celebra en maio. A única condición para anotarse é ter un repertorio de música popular ou tradicional en galego, estar constituído por un máximo de 10 persoas, e seguir o itinerario de bares marcado pola organización.

O Concello da Pobra do Brollón foi pioneiro en organizar os Cantos de Taberna hai xa nove anos. Actualmente é un evento festivo de referencia na ponte de decembro para celebrar a cultura popular, cunha gran participación de músicos e público. Na última edición participaron quince grupos vidos de toda Galicia que cantaron e tocaron ata a madrugada.

Os grupos interesados teñen ata o 4 de decembro para anotarse, ben no enderezo biblioteca@concellodapobradobrollon.gal, ben por teléfono no 982430546.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...