HomesociedadeSamaín, magostos e andainas de medo

Samaín, magostos e andainas de medo

Esta fin de semana preséntase con interesantes propostas relacionadas coa celebración do Samaín, os magostos e incluso unha ‘andaina do terror’ en Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Na aldea dos Anguieiros, parroquia de Montefurado (Quiroga), terá lugar ese sábado 2 de novembro a IV Xornada Castañeira. Esta actividade terá unha primeira parte divulgativa, de 17:00 h a 18:30 h. na se fará unha visita guiada a 3 caniceiras, ou sequeiros como se denominan noutros lugares, para coñecer o proceso de secado das castañas e ver a tipoloxía das que se conservan en Anguieiros -que son características da zona-. A continuación o xerente do GDR Ribeira Sacra, Martín Alemparte, ofrecerá unha charla sobre o potencial da castaña na zona, posibilidades de emprender neste sector e tamén achegará aos presentes información do Xeoparque Mundial Montañas do Courel.

Caniceira en Anguieiros. Foto: Lois Rúa

Para as 18:30 h está previsto un obradoiro de cabazas de samaín entre os pequenos/as que haxa por alí e a partires das 19:30-20:00 h. está programada unha merenda informal e un magosto popular, asaranse castañas nunha fogueira na coñecida praza do “Portaleiro” -na entrada mesmo de Anguieiros- e amenizará a troula o grupo de música tradicional “As Macizas Centrais” de Trives.

Este mesmo día celébrase a ”Festa da Castaña” do Courel, que este ano tócalle á localidade de Seoane. O recinto no que haberá produtos de tempada e postos de artesanía abrirase ás 12:00 h. coa intervención do grupo “Cantores do Courel” e unha hora e media despois terá lugar o pregón a cargo do chef Iván Domínguez. A continuación música a cargo do grupo xa comentado e “O Recanto” de Quiroga.

Grupo tradicional O Recando / XdL

Pola tarde, volve a música de “O Recanto” e un espectáculo infantil, “Circo Galaico” con monicreques de Borja Insua ás 17:00 h. A partir das 19:00 h. actuarán os Gin Toni’s e ás 21:00 h. verbena.

No Concello do Saviñao teñen unha xornada completa de fin de semana, coa celebración do Samaín e do Magosto. O sábado 2 será a tradicional festa de Samaín con inchables, túnel do terror, taller de chapas terroríficas, merenda, photocall, desfile de disfraces, carriño de “perritos”, carriño de “palomitas”, chocolate con churros… e  moita diversión. A partir das 17:00 h. no pavillón municipal. Entrada de balde.

O domingo 3 a partir das 17:00 h. celebrarán o magosto na carpa municipal. Haberá xogos populares, pancetada, chocolate con churros, castañas asadas… A música correrá a cargo do Dúo Camelia.

E para os amantes das andainas e do terror, unha proposta orixinal que leva a cabo a Área de Deportes do Concello de Quiroga. Trátase da primeira Andaina do Terror, Qui-Medo. Andaina de dificultade baixa e cun percorrido duns 6 quilómetros, maioritariamente polo casco urbano. Haberá sorpresas terroríficas ao longo do percorrido e os participantes sairán dende o Pavillón Municipal a partir das oito e media do serán en grupos de 10 persoas cada cinco minutos. Os menores de 12 anos que queiran participar deberán de ir acompañados.

Cartel do evento

A organización convida a disfrazarse aos asistentes para darlle máis espectacularidade á andaina. Ao remate convidarase a chocolate.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...