HomesociedadeProtección Civil fórmase en Chantada sobre accidentes en estradas

Protección Civil fórmase en Chantada sobre accidentes en estradas

Unha trintena de persoas do voluntariado de Protección Civil recibe formación a través da Academia Galega de Seguridade Pública. O curso, que se desenvolve en Chantada entre o 1 o 3 de novembro, conta con 30 horas de duración.

Publicado o

- Advertisement -

Na actividade participan unha trintena de inscritos procedentes das agrupacións de voluntariado de Protección Civil do Saviñao, Chantada, Monterroso e doutras provincias galegas, interesados en adquirir a través dos distintos módulos teóricos e prácticos a formación necesaria na prevención e na intervención en accidentes de tráfico.

O curso inclúe varios módulos nos que se tratarán conceptos xerais e prácticas de primeiros auxilios, excarceración e estudo das intervencións específicas en caso de accidentes nos que estean involucradas mercadorías perigosas ou exista risco ambiental.

Trátase dun curso gratuíto, como o conxunto da formación que a Xunta ofrece ao persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos concellos de Galicia. “A formación no eido das emerxencias permite ofrecer aos cidadáns a resposta máis eficaz ante calquera incidencia” –sinala, o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

 

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...