HomesociedadeAdif licita os proxectos para ampliar as vías en estacións do tramo...

Adif licita os proxectos para ampliar as vías en estacións do tramo León – Monforte

O contrato para a redacción dos proxectos ascende a un importe de case 1,1 millóns de euros e inclúe a ampliación de vías de apartado en tres estaciones galegas: Quereño, Vilamartín de Valdeorras e Pobra do Brollón.

Publicado o

- Advertisement -

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) licitou a redacción dos proxectos para a ampliación a 750 metros as vías de apartado en varias estacións do tramo que transcorre entre León e Monforte de Lemos.

O contrato para a redacción dos proxectos ascende a un importe de case 1,1 millóns de euros e inclúe a ampliación de vías de apartado en tres estaciones galegas: Quereño, Vilamartín de Valdeorras e Pobra do Brollón. Nesta última, ademais, eliminarase un paso a nivel.

O obxectivo da actuación é ampliar ata 750 metros una das vías das estacións para que os trens de mercadorías desa lonxitude poidan quedar apartados deixando libre a vía xeral.

Con estes proxectos, segundo indica o Ministerio de Fomento nun comunicado, preténdese potenciar o tráfico de mercadorías no corredor León – Monforte – Porto de Vigo para que poidan circular por el os trens de ata 750 metros de lonxitude.

O Adif tamén lembra que se atopan en redacción de proxecto outras actuacións de ampliación en Vigo Guixar, o apartadero das Gándaras, Tui, Filgueira, Barbantes, Os Peares e Monforte.

ÚLTIMAS

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...