HomesociedadeCogomelos e castañas protagonizan as actividades do outono

Cogomelos e castañas protagonizan as actividades do outono

Publicado o

- Advertisement -

O alumnado de 1º ESO do IES A Pinguela vén de realizar unha saída ó monte á busca de cogomelos co profesorado do departamento de Bioloxía. Os rapaces atoparon multitude e diferentes clases de setas, que foron anotando e clasificando no seu caderno de campo. Na entrada do centro pódese ver unha mostra dos exemplares recollidos.

E o Concello de Bóveda organiza un ‘Magosto de medo’ para este venres, 8 de novembro. A cita comezará ás 16:30 horas no Centro Sociocultural. Ademais de castañas, haberá xogos, música, un obradoiro de pintacaras e un concurso de cabazas con premios para as mellores preparadas.

Anímase a todos e todas as participantes a acudir disfrazados, “deixar o medo na casa” e  presentar as cabazas para alumar a Casa da Cultura. Con esta actividade o concello celebra o seu magosto e o Samaín.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...