HomeSucesosLiberdade para o profesor detido en Monforte por supostos abusos sexuais

Liberdade para o profesor detido en Monforte por supostos abusos sexuais

Axentes da Policía Nacional detiveron no municipio de Monforte de Lemos a un home de mediana idade profesor de música logo de ser denunciado por supostos abusos sexuais e delito de violencia sobre a muller

Publicado o

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución Número 2 de Monforte  deixou en liberdade ó profesor de música detido tras denuncias de exalumnas, investigado por un suposto delito de violencia sobre a muller.

Segundo informaron fontes xudiciais, o xulgado decretou, así mesmo, tras pasar a disposición xudicial este venres, unha orde de protección para unha das denunciantes.

A causa séguese por un suposto delito de violencia sobre a muller e, eventualmente, deberase dilucidar se existe un delito contra a liberdade sexual segundo puntualizaron as mesmas fontes.

Como informou o XdL foi a Policía Nacional quen detivo en Monforte de Lemos a un home de mediana idade profesor de música tras ser denunciado por supostos abusos sexuais.

A detención produciuse a raíz da denuncia de varias alumnas que ían ás súas clases por feitos supostamente sucedidos hai xa uns anos cando aínda eran menores de idade.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...