HomeSucesosDetido un profesor de música en Monforte por supostos abusos sexuais

Detido un profesor de música en Monforte por supostos abusos sexuais

Axentes da Policía Nacional detiveron no municipio de Monforte de Lemos a un home de mediana idade profesor de música logo de ser denunciado por unhas antigas alumnas.

Publicado o

- Advertisement -

Un profesor de música tradicional galega de Monforte foi detido pola Policía Nacional logo de ser denunciado por presuntos abusos sexuais.

Segundo informaron fontes policiais, o home foi detido este xoves despois dunha denuncia presentada esa mesma xornada por varias das vítimas. Os feitos remóntanse a bastantes anos atrás, cando as alumnas denunciantes eran menores de idade. Está previsto que o detido, que pasou a noite nos calabozos da Policía Nacional en Monforte, pase a disposición xudicial inmediatamente.

O profesor é moi coñecido no concello pois leva máis de 25 anos como docente e polas súa aula pasaron infinidade de nenos e nenas de Monforte e comarca.

 

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...