HomeEconomía'Outubro negro' para os datos no paro no sur de Lugo

‘Outubro negro’ para os datos no paro no sur de Lugo

O desemprego aumentou en todas as comarcas e o peor dato por concellos teno Monforte con 84 parados/as máis que no mes anterior. Carballedo, único concello que reduce o paro.

Publicado o

- Advertisement -

A secretaría de acción sindical de CC.OO. de Lugo fai unha lectura pesimista e preocupante das cifras de paro nas comarcas do sur de Lugo, comarcas nas que medrou o desemprego de forma xeneralizada o pasado mes.

As comarcas de Sarria, Chantada, Lemos e Quiroga suman un total de 3.556 parados/as e o aumento no mes de outubro foi de 221 persoas.

Por comarcas, as peores son Lemos e Quiroga, cun incremento de 122 e 47 desempregados/as respectivamente, e por detrás Sarria que subiu en 43 e Chantada, co mellor dato, só en 9.

Por concellos, Monforte de Lemos “sufre o peor dato da década ao aumentar o paro en 84 persoas”, segundo refire a secretaría de CC. OO.

Desagregación de datos por concellos

Comarca de Sarria: O Incio e Triacastela non sofren variación algunha e quedan con 53 e 18 desempregados/as respectivamente, Láncara queda con 109 tras aumentar en 4 os parados/as, Paradela con 38 (+3), O Páramo 33 (+2), Samos 39 (+3) e Sarria 767 (+31).

Comarca de Lemos: Bóveda suma 3 parados/as máis e queda con 55, Monforte 1131 (+84), Pantón 91 (+6), A Pobra do Brollón 76 (+2), O Saviñao 156 (+14) e Sober 103 (+13).

Comarca de Chantada: Carballedo baixa en 3 desempregados/as e queda con 64, Taboada 90 (+4), e Chantada 432 (+8).

Comarca de Quiroga: Folgoso do Courel sube en 7 parados/as e queda con 52, Ribas de Sil 61 (+13) e Quiroga 188 (+27).

Mario Docasar, secretario de acción sindical de CC. OO., considera que estamos diante “dun mes negro para o principal problema da cidadanía”, e refírese tamén ao abuso do despido “caprichoso” de moitos empresarios. Neste senso advirte que hai casos na hostalería da comarca de Lemos de traballores/as con case dous meses de traballo sen estar de alta na Seguridade Social e sen cobrar horas extras.

ÚLTIMAS

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...