HomeComarca de QuirogaFolgoso do Courel suspende as clases pola neve

Folgoso do Courel suspende as clases pola neve

A neve afecta a varios viais da provincia. A deputación activou o dispositivo invernal.

Publicado o

- Advertisement -

A presenza de neve na rede viaria da provincia de Lugo deixou este venres sen poder acudir ás aulas a 85 alumnos de nove centros educativos de concellos lucenses, en dous dos cales se suspenderon as clases.

Así o informaron fontes da Consellería de Educación a Europa Press, que indicou que no CPI Poeta Uxío Novoneyra na localidade de Folgoso do Courel e no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro as clases suspendéronse, con 28 e 32 estudantes afectados, respectivamente.

Os outros centros con escolares sen clase pola presenza de neve na rede viaria corresponden aos municipios lucenses de Baleira, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, As Nogais e Triacastela.

Desde a tarde deste xoves permanece activado o aviso amarelo na montaña de Lugo e de Ourense por acumulacións de neve superiores ao cinco centímetros.

ACONDICIONAMENTO DE ESTRADAS

A portavoz socialista do goberno bipartito da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, explicou este venres, tras a xunta de goberno, que a intitución traballa no acondicionamento de estradas provinciais en 11 concellos da provincia, polas nevadas que “caeron nas últimas horas”.

Porto concretou que “os operativos están despregados en diferentes municipios da provincia, sobre todo nos da montaña e nos concellos do sur, que foron os máis afectadas”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...