Homesociedade"Mentras vivas na miña casa ao Dakar non vas"

“Mentras vivas na miña casa ao Dakar non vas”

Esta era a frase que lle soltaba ao piloto Edu Iglesias a súa nai ao escoitalo dicir que lle gustaría participar no prestixioso Rally. Foi unha das anécdotas da presentación para a prensa do patrocinio do Concello de Monforte que tivo lugar o luns 11 de novembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Restan algo menos de tres meses para o comezo do Dakar e o piloto monfortino Edu Iglesias ultima actos de presentación e preparativos máis técnicos antes de encarar unha aventura que este ano terá como escenario Arabia Saudí.

Despois da exitosa presentación, “Rumbo ao Dakar 2020”, o pasado sábado 9 de novembro nun coñecido restaurante monfortino -con máis de 300 persoas presentes apoiando a Iglesias-, este luns 11 deuse a coñecer en ‘petit comité’ o patrocinio do Concello de Monforte de Lemos no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra. No acto, presentado pola xornalista de Onda Cero, Manola Porto, estivo presente tamén o alcalde José Tomé xunto co protagonista Edu Iglesias.

Acto de presentación no salón de actos do Centro do Viño Ribeira Sacra / XdL

O piloto, ademais do agradecemento público ao concello polo apoio económico, dixo que asumía o reto con gran responsabilidade esperando facer un bo resultado. En relación á proba recoñeceu que leva 2 anos preparándose fisicamente e con moitos trámites comerciais, administrativos e técnicos para poder estar o día 5 de xaneiro na liña de saída. Neste senso, Edu Iglesias dixo: “hai 2 dakares, o de poder estar na saída despois dun ano de trámites, e o de competir no que estás xa correndo e hai que intentar acabalo”.

Referiuse tamén á complexidade da carreira contando que o percorrido total suma uns 8.000 quilómetros, distancia que lle representará uns 12 días de competición e 8 horas diarias de media enriba da moto. Comentou tamén aspectos técnicos da moto e que xa ten dorsal, o número 154, que lle gustou moito e que remata en 54, a mesma terminación do gordo que tocou anos atrás en Monforte.

Edu Iglesias presentando o traxe e a moto de competición / XdL

Como curiosidades, Iglesias sincerouse recoñecendo que meses atrás estivo a piques “de tirar a toalla” ao ver a costa enriba que lle supoñía a dedicación para ter todos os detalles a punto e sobre todo o financiamento, un presuposto que supera os 75.000 euros. Despois de mandar un agradecemento especial para a súa nai pola paciencia que está tendo con el nestes meses de tanta presión, contou que de pequeno vía o Dakar pola televisión na casa e comentáballe a ela que de maior gustaríalle participar. Pero a súa nai quitáballe a idea da cabeza dicindo “mentras vivas na miña casa ao Dakar non vas”.

A intervención do alcalde de Monforte José Tomé foi breve. Explicou como Edu lle fora contar a súa aventura e dixo sentir gran satisfacción por poder apoialo sendo ademais o primeiro monfortino e o primeiro lucense que participa no Dakar. Felicitouno tamén dicindo que para retos como estes “hai que atreverse, dicilo é unha cousa pero poñerse é outra”. Respecto ao tema económico comentou que entre Concello e Deputación a aportación do patrocinio ascendía a 15.000 euros.

ÚLTIMAS

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...