HomesociedadeDeclarada Aldea Modelo, Trascastro no Incio

Declarada Aldea Modelo, Trascastro no Incio

O Agader vén de aprobar a declaración de cinco novas aldeas modelo en Galicia. Na provincia de Lugo obtén esta declaración Trascastro no concello do Incio.

Publicado o

- Advertisement -

As outras aldeas modelo, que se veñen de declarar, atópanse na provincia de Ourense: Penedo (Boborás), Muimenta (Carballeda de Avia), Infesta (Monterrei) e Trabazón (O Irixo)

Despois destas declaracións son seis, con Osmo (Cenlle), as aldeas modelo declaradas en Galicia. Esta medida permitirá actuar en case 138 hectáreas, correspondentes a máis de 3.800 parcelas de preto de 800 propietarios. Estas aldeas modelo son proxectos de mobilización de terras dirixidos á posta en valor e á recuperación produtiva de zonas maioritariamente abandonadas, na contorna de núcleos de poboación, de xeito que esa posta en valor sirva tamén para previr os incendios forestais nesas zonas.

En Trascastro, no municipio do Incio, cunha superficie para traballar de 14 hectáreas e 178 predios de 104 propietarios, a actuación centrarase en iniciativas de gandaría extensiva

A Consellería do Medio Rural recibiu xa 47 solicitudes para poñer en marcha aldeas modelo ao longo de toda Galicia. Delas, atópanse en trámite máis de 20, que suporán a posta en valor de máis de 620 hectáreas, repartidas en case 13.000 parcelas duns 3.200 propietarios.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...