HomeEconomíaExpropiacións en Sarria e O Páramo para converter o corredor Lugo-Monforte en...

Expropiacións en Sarria e O Páramo para converter o corredor Lugo-Monforte en autovía

A Xunta ocupará 53 leiras por un valor de 255.000 euros.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a expropiación das leiras necesarias para realizar a conversión do corredor Lugo-Monforte de Lemos, concretamente no tramo A Pobra de San Xiao-Sarria Centro, nunha autovía.

A Xunta de Galicia declara a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, nos municipios de Sarria e O Páramo, un total de 53 leiras, cuxo custo para a administración se eleva a 255.000 euros. O levantamento das actas previas á ocupación dos terreos sitúase entre finais deste ano e principios de 2020.

O delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, lembrou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten prevista a licitación da obra a finais deste ano, para que a execución das mesmas poida comezar a mediados de 2020. O orzamento desta obra ascende a 24,4 millóns de euros.

O último tramo do corredor púxose en servizo en novembro de 2015 e permitiu reducir o tempo de desprazamento entre Lugo e Monforte de Lemos a 45 minutos, grazas a un investimento da Xunta de 135 millóns de euros desde 2009.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...