HomeSucesosExcarcerada unha persoa tras sufrir unha saída de vía en Monforte

Excarcerada unha persoa tras sufrir unha saída de vía en Monforte

Foi trasladada a un hospital.

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa necesitou ser excarcerada despois de sufrir unha saída de vía en Monforte de Lemos, nun accidente na N-120 ao paso pola parroquia de San Martiño de Bascós.

O 112 Galicia foi alertado sobre as 8,30 horas. Foron avisados, entre outros, bombeiros de Monforte e 061. A persoa ferida foi trasladada a un hospital.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía na que ocorreu o accidente tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

Agroma Sober pregunta polo mal funcionamento da depuradora de Canaval e denuncia “dobre raseiro” na protección da paisaxe ribeirá

Lembran desde Agroma Sober que a situación da depuradora xa a levaron a pleno...

O BNG de Pantón esixe explicacións polos cortes na subministración eléctrica

O BNG de Pantón pide ao Concello que se dirixa ás distribuidoras eléctricas e...

O PSdeG de Triacastela denuncia que o PP incumpre o calendario de plenos

Segundo explican os socialistas, ata a presentación do escrito só se celebraron dous plenos...