Homesociedade288.000 euros para repavimentar a rúa Cardenal de Monforte

288.000 euros para repavimentar a rúa Cardenal de Monforte

O proxecto de mellora desta rúa foi elaborado pola empresa monfortina Abante que, tras levar a cabo varias análises en sucesivas visitas á rúa, salientou a necesidade dunha reforma integral de dita rúa do Cardenal. Este proxecto foi aprobado no Pleno ordinario municipal celebrado o pasado día 30 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

O prazo de presentación de ofertas está aberto ata o vindeiro mércores 4 de decembro de 2019 ás 14 horas. A mesa de contratación para a apertura das ofertas presentadas terá lugar o luns 9 de decembro de 2019 ás 9 da mañá.

O financiamento previsto para levar a cabo este proxecto de mellora farase con remanentes de fondos municipais. O prazo de execución da obra, unha vez adxudicada será de 56 días. Calcúlase que a finais do mes de decembro se poida proceder á sinatura do contrato e a previsión para o inicio das obras, se a climatoloxía o permite, será na semana do 13 de xaneiro, unha vez pasadas as festas de Nadal.

A reforma integral concebida para a mellora do pavimento da rúa do Cardenal abarcará aproximadamente uns 2.222 m2 de superficie. Colocaranse lousas de granito de 12 cm. de grosor sobre firme de formigón.

A execución desta obra está deseñada para non interromper totalmente o tráfico da rúa do Cardenal, é dicir, levarase a cabo en dúas fases, primeiro actuando sobre unha metade da rúa, en sentido lonxitudinal, e unha vez rematada esta primeira fase, abordarase a outra metade da rúa.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...