Homesociedade"Mamá escríbeo todo, non deixes que me olviden", díxolle Luis Nieves á...

“Mamá escríbeo todo, non deixes que me olviden”, díxolle Luis Nieves á súa nai

O venres 13 de decembro, no pavillón da Gándara, en Monforte, actuarán desde as 22.00 h. Gin Toni´s, The Poets Silence, Doc Magoos, Galga e Nectarine Soul, no concerto homenaxe a Luis Nieves, o músico de 22 anos que falecía en setembro.

Publicado o

- Advertisement -

Luis Pérez Nieves, músico monfortino de familia de músicos, falecía a finais de setembro. A rotura da Aorta con 22 anos acabou coa súa vida. Agora familia e amigos, encabezados pola súa nai, Rosa Nieves, queren lembralo por sempre vinculado á música. Por iso o 13 de decembro celebrarase o I Concerto Homenaxe a Luis Nieves e está en marcha a constitución dunha asociación que leva o seu nome e que terá por obxecto becar a novos músicos sen recursos para que poidan recibir formación musical. Falamos con súa nai, Rosa Nieves.

En que momento comezas a pensar en facer un concerto de homenaxe a Luis?

No tanatorio. Veu moitísima xente darme o pésame e viñeron moitos músicos, ademais de todos os que escribiron polas redes, por correo,… de todas España, incluso desde Londres. No tanatorio con Andrés Montes e Isi Castañer díxenlles: “Hai que facer algo por Luis, hai que facer algún concerto”; e Andrés díxome: “Cando queiras, conta con nós. Facemos isto por Luis, el deixou o camiño andado”, díxome Andrés. E pensei pois imos facer un concerto.

Que camiño tiña andado Luis na música?

Estudou 4 anos de percusión no conservatorio e 8 anos na Rock School. Agora comezaría cun master de profesorado para batería. Era moi creativo, compoñía, facía as partituras, as letras,… Non teño claro todo o que facía, pero si ata onde chegou, grupos de Bilbao, de Madrid, de Barcelona, Sevilla que non só me deron o pésame, ofrecéronse para vir tocar ao seu concerto e a maioría de balde. Había que poñer coto e pensei en facer este primeiro concerto cos grupos de monforte, que todos se ofreceron e veñen sen cobrar. Luis chegou a moitos sitio e a moita xente.

Luis Nieves

Que era para Luis a música?

A súa vida. Luis deu a súa vida no escenario. Tiña un grandísimo aneurisma na Aorta e dicíanlle que non debería de tocar, pero el tiña actuacións e dáballe igual, como se morría no escenario. El ata o final estaba no escenario. A músia era a súa vida enteira, levantábase con música, deitábase con música. Eu tamén son música e traíame de seguido partituras, ritmos,… Estabamos todo o día falando de música. Durante o funeral, na misa, fixemos que a música o acompañase con Lorena cantando, e para min foi o funeral “máis bonito do mundo”.

Ademais do concerto ponse en marcha a Asociación Luis Nieves becas musicais?

En canto comecei co do concerto, a miña sobriña faloume de facer unha asociación para becar a mozos que non teñan recursos, para que estudien música no nome de Luis. Pareceume unha idea marabillosa. Con todo isto mato moitos paxaros dun tiro: non perder a memoria do meu fillo, eu non a vou perder, pero que a xente non se esqueza de quen foi; compartir o seu legado como bo músico e boa persoa que era e axudarlle a alguén.

Luis Nieves e Gonzalo Herrero

O venres 13 no pavillón da Gándara, en Monforte, actuarán desde as 22.00 ata as 3.00 da madrugada como homenaxe a Luis; Gin Toni´s, The Poets Silence, Doc Magoos, Galga e Nectarine Soul. Esta data por algún motivo en especial?

Quería unha data na que os Gin Toni´s puideran estar porque Andrés foi dos primeiros cos que falei o tema e é unha data, venres 13, como underground, que estou segurísima de que a Luis lle encantaría.

E que cres que pensa de todo o que estás preparando?

Depende. Eu creo que o do concerto lle vai encantar, que o seu nome estea aí vaille encantar. Que a xente saiba que padecía do corazón non lle vai gustar nada. Nunca quixo que o suberan, non llo contaba ni aos profesores nin a ninguén. El tiraba para adiante, para adiante. Era capaz de dar a vida, pero non quería dar lástima nin pena. El estaba moi saniño aínda que sexa unha incongruencia dicilo.

Luis Nieves

Toda esta experiencia para ti que significa?

É terapeurico, si claro, por suposto porque isto é de non levantar cabeza, e co concerto e a asociación pódela ir levantando un pouquiño. Significa telo presente e manter a cabeza ocupada e saber que estás facendo algo polo teu fillo, saber que o que estás facendo lle está gustando a el e saber que a xente recorda a Luis Nieves. Cando ía morrer díxome: “Mamá escríbeo todo, non deixes que me olviden”. No seu foro interno sabía que algo ía mal.

As entradas para o concerto pódense adquirir na Birrería, na rúa San Pedro de Monforte, a un prezo de 10 euros. Tedes tamén fila 0.

Hai xente que quere colaborar e non pode vir. Temos as entradas fila 0 que non cubres prazas pero colaboras. Tamén se fan doazóns ao número de conta (ES15 2080 0126 2530 4003 6587 ) e hai algunhas doazóns anónimas que non sei a quen agradecer. Máis de 100 establecementos de Monforte fixeron un donativo para o evento. Con todos eses cartos para o ano que vén faremos que un neno ou unha nena poida estudar música de balde.

O venres 13 ten dúas partes, a parte lúdico festiva, concerto con 5 grupos monfortinos que vai durar 5 horas e a parte de axuda social. Que saiban que con eses cartos un neno ou unha nena, o ano que vén poderá estudar música con eses donativos.

ÚLTIMAS

O Saviñao organiza un acto solidario cos damnificados pola DANA

Desde o Concello do Saviñao fan un chamamento á solidariedade de toda a veciñanza...

Descarrilan tres vagóns dun tren de mercadorías na estación de Monforte

Un tren de mercadorías sufriu o descarrilamento de tres vagóns o pasado xoves na...

A Deputación vende a última parcela do Polígono dos Acivros en Chantada

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou esta semana ante notario,...

105.000€ para un local social e 7 vías municipais en Taboada

O acordo inclúe case 75.000€ para realizar o acondicionamento e a mellora de 7...