HomesociedadeRibeira Sacra, das primeiras alusións na historia do viño en Galicia

Ribeira Sacra, das primeiras alusións na historia do viño en Galicia

O Pazo de Tor colle este venres, 22 de novembro, a partir das 20.00, unha conferencia do medievalista Víctor Rodríguez Muñiz na que afondará no viño da Ribeira Sacra neste periodo cronolóxico. O ciclo está organizado polo Museo do Viño de Galicia coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Na Ribeira Sacra, a igrexa converteuse na maior propietaria de terreos agrícolas, e non dubidou en adicalos a viñedos, aglutinados en torno a unha ampla rede de mosteiros. As pegadas documentais destas prácticas e as súas consecuencias serán analizadas na cita deste venres. Segundo presentará Víctor Rodríguez, a primeira mención ao viño nestas terras é das máis temperás de Galicia, sendo no ano 876 cando varios fieis doan ao mosteiro de Santa Cristina unhas viñas da comarca de Lemos, concretamente dos lugares de Barantes e Bolmente, a cambio de misas “polo seu descanso eterno”.

Posteriormente, sempre dentro desta práctica de “viño a cambio de salvación”, existe outra cita do ano 976, tamén consistente nunha doazón ao mosteiro de Santa Cristina. Tamén se intercambian unhas viñas da comarca de Lemos. A partir do século XIII, xeneralizanse as anotacións sobre os viñedos e os seus aforamentos. Así, pese a que no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil non aparece mencionado o viño nen as viñas ata 1370, na totalidade de referencias que se conservan dos centros relixiosos está reflexada esta necesidade de abastecemento.

A primeira tipoloxía de alusións aos viñedos na comarca da Ribeira Sacra son os documentos sobre a obtención do dominio sobre as viñas. A segunda é a agrupación de citas sobre a xestión destes viñedos, sempre co obxectivo de cubrir as necesidades das comunidades eclesiásticas. Aparecen referencias a moitas das zonas máis afamadas de producción de viño da Ribeira Sacra. Os mosteiros acudían a comprar a Amandi, Doade, Vilachá, Pobra de Brollón, Parada de Sil, o Couto de Chandrexa ou a parroquia de Sacardebois.

ÚLTIMAS

Agroma Sober denuncia o estado da vía de Sober a Canaval “a unha semana da Feira do Viño”

A vía provincial Sober- Canaval (LU-P-5901) presenta dende hai anos problemas estruturais de deterioro...

Unanimidade na demanda de rehabilitación urxente da N-540 entre Lugo e Ourense

Mentres as persoas usuarias da N-540 se mobilizan reclamando solucións, o BNG segue coa...

Club Quixós: campións da 2ª Copa de España de Augas Bravas

O Club Quixós de piragüismo vén de participar en varias competicións esta pasada fin...

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...