HomePolíticaEsperta Monforte busca unidade para esixir a finalización do Porto Seco

Esperta Monforte busca unidade para esixir a finalización do Porto Seco

Esperta Monforte presenta a pleno unha moción para que o alcalde de Monforte solicite, de forma urxente, unha entrevista co Ministro de Fomento en funcións, a que acudiría unha comisión con representación de todos os partidos representados na corporación para desbloquear a situación do Porto Seco.

Publicado o

- Advertisement -

Desde que se anunciara o proxecto de construción do Porto Seco por parte do presidente do Goberno español, Jose M.ªAznar, no ano 2001 xa pasaron 18 anos e este proxecto segue sen concluirse, debidos ao múltiples atrancos e atrasos aos que se veu sometido ao longo do tempo.

Para o seu funcionamento son esenciais adecuadas conexións coa rede viaria prinicipal , inicialmente estaba previsto unha conexion co corredor Sarria -Monforte e coa estrada N-120. “Este proxecto de conexión, que data do ano 2006, tivo que ser modificado no 2015 por exixencias do Ministerio de Fomento”, sinalan desde Esperta.

O proxecto final do enlace coa N120 foi presentado e financiado  pola Xunta de Galicia  e recibiu o visto b do Ministerio de Fomento no 2018 despois de ser reformado para adaptalo ao futuro trazado da hipotetica A76. “Cando parecia que por fin se finalizaría esta conexión, 13 anos despois de proxectada, vese de novo freada por unha decisión do ADIF por unha cuestión menor, a eliminación dun paso a nivel sen barreiras existente dende hai moitas décadas nunha das pistas do regadío de uso agrícola e sen apenas tránsito.”

Segundo Esperta, este proxecto estratéxico para o futuro de Monforte e para toda a comarca de Lemos,  merece unha postura unitaria de todos os grupos con representación municipal, e en xeral de toda a sociedade monfortina para esixir a súa finalización sen máis dilacións .

ÚLTIMAS

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....

Chantada acolle un obradoiro sobre o emprego de pinturas naturais na construción

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou este luns aos participantes na actividade,...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a vendima con 5,4 millóns de quilos de uva recollidos despois de 46 días

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra pechou a campaña de vendima 2026 tras 46...

O IES Río Cabe na final do Concurso de Coñecementos Financeiros

O certame está organizado polo Banco de España, a CNMV (Comisión Nacional do Mercado...