HomesociedadeMarquesiñas para Bóveda

Marquesiñas para Bóveda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de instalar dúas novas marquesiñas no Concello de Bóveda co fin de mellorar a comodidade dos usuarios do transporte público.

Publicado o

- Advertisement -

As marquesiñas sitúanse nas inmediacións da Casa do Concello (avenida Alfonso XIII) e na saída do núcleo urbano na intersección coa estrada autonómica LU-546, próxima á igrexa de San Martiño.

As dúas infraestruturas permitirán que os veciños desta contorna dispoñan duns puntos máis cómodos e seguros para a espera dos servizos de autobús interurbano, un dos obxectivos do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte que está a impulsar a Xunta.

Estas marquesiñas, con selo galego tanto no deseño como na madeira de piñeiro empregada, están integradas na paisaxe, creando unha imaxe recoñecible destes refuxios de Galicia. Ofrecen protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorar a comodidade durante a espera.

Esta iniciativa prevé a dotación de máis de 150 novos refuxios na comunidade, dos que uns 30 se corresponden coa provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...