HomesociedadeSarria vaise de tapicheo

Sarria vaise de tapicheo

Do 4 ao 8 de decembro poderanse degustar en Sarria as tapas que elaboren os 25 establecementos participantes no XIII Concurso de tapas Tapicheo 2019.

Publicado o

- Advertisement -

Durante estes días poderanse degustar as creacións dos hostaleiros en horario de 20h a 23h. Ademais algún dos participantes farán a categoría de Peque-tapa, para os máis cativos, aínda que esta non entra no concurso).

Os participantes que completen 10 selos de establecementos participarán no sorteo de diferentes agasallos, consistentes en ceas e botellas de viño. Se se cubren 25 selos, particípase ademais no sorteo dunha viaxe. Hai 5 rutas diferenciadas cada unha con súa cor, e para poder votar hai que selar, como mínimo, dous establecementos de cada cor.

As tarxetas de invitación pódense deixar nas urnas que haberá nos establecementos participantes ata o día 8

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...