Homesociedade2ª fase do Obradoiro Dual de Emprego da Pinguela

2ª fase do Obradoiro Dual de Emprego da Pinguela

Comeza en Monforte a 2ª Fase do Obradoiro Dual de Emprego da Pinguela, no que se formarán 20 alumnos e que seguirá traballando na mellora das instalacións da escola obradoiro.

Publicado o

- Advertisement -

As instalacións da Escola Obradoiro contan con máis de 30 anos de historia. En novembro do 2018 desenvolveuse a primeira fase da rehabilitación, substituíronse os módulos prefabricados existentes por dúas edificacións en planta baixa. No propio proxecto de renovación das instalacións, foi reflexada a adaptación dunha aula destinada a uso das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC’s). Para elo, a través do desenvolvemento do itinerario formativo “fábricas de albanelería” deixárase feito a través dun dos módulos a pre-instalación de sistemas de comunicación.

A segunda fase do obradoiro, que se vén de iniciar, conta cunha subvención de 336.446 euros, dos cales o Concello de Monforte aporta 49.605 euros. Os traballos finalizarán o 1 de setembro de 2020.

Esta 2ª Fase do Obradoiro de Emprego leva por título Acondicionamento das instalacións da escola obradoiro da Pinguela. Concretamente, formaranse nel 20 alumnos e alumnas, dos cales 12 persoas van realizar traballos de albanelería e outras 8 encargaranse das tarefas de fontanería.

O Alcalde apuntou que “con este Obradoiro dual de Emprego creamos 25 postos de traballo durante 9 meses; o grupo estará formado por 20 alumnos e alumnas, 2 monitores, un director unha administrativa e proximamente un monitor de educación compensatoria”.

Unha vez rematado o obradoiro, destacou o Alcalde que “8 alumnos van ter a posibilidade de formalizar contratos de traballo en prácticas, a xornada completa e durante de 3 meses en empresas de Monforte. Polo tanto, este é un Obradoiro con compromiso de contratación”. Para esta fase, que ten por obxectivo promover a inserción laboral dos alumnos en empresas privadas, o Concello solicitou á Consellería unha axuda de 12.000 euros.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...