HomesociedadeSarria rexistra a temperatura máis baixa de Lugo

Sarria rexistra a temperatura máis baixa de Lugo

Os termómetros baixaron a -3,5º este martes.

Publicado o

- Advertisement -

Os termómetros rexistraron este martes en Galicia temperaturas baixo cero en numerosas localidades das provincias de Ourense e Lugo. A mínima correspondeu ao municipio ourensán da Mezquita, con -5,2ºC, mentres que en Lugo, foi Sarria a que menos temperatura rexistrou.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, as outras temperaturas máis baixas corresponderon a localidades de montaña na provincia de Ourense como Vilariño de Conso, con -4,4ºC e A Veiga, con -4,3ºC.

Outros rexistros termos significativos na zona de montaña correspóndense cos -2,9ºC de Manzaneda e os -2,4ºC de San Xoán de Río, ambos na provincia de Ourense.

Mentres, en localidades con altitude menor de 900 metros, a mínima rexistrouse en Verín, con -4,1ºC; seguida de Calvos de Randín, -3,7ºC; e Baltar, -3,6ºC, todos municipios da provincia de Ourense.

Ademais, este martes os termómetros descenderon ata os -3,5ºC en Sarria (Lugo) e -3,1ºC en Viana do Bolo (Ourense), segundo consta nos datos publicados por Meteogalicia. Na xornada deste luns día 2 os valores mínimos localizáronse en Manzaneda (-2,9ºC), A Veiga (-2,8ºC), Baltar (-2,4ºC) e Pedrafita do Cebreiro (-2,1ºC).

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...