HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta non adopta por agora medidas administrativas contra o home que...

A Xunta non adopta por agora medidas administrativas contra o home que matou a súa cadela

A Federación de Caza lembra que "os cans son sempre os mellores compañeiros no desenvolvemento da propia actividade cinexética e na vida cotiá". A Xunta, pola súa banda, non adoptará por agora ningunha medida administrativa.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta non adoptará por agora ningunha medida administrativa no caso da cadela maltratada en Chantada, segundo confirmaron desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Sobre esta  posibilidade, o departamento autonómico remitiuse ao feito de que estea “xudicializado”. “Manterémonos á espera do que ocorra e pedímoslle á Fiscalía que nos teña informados para, no ámbito das nosas competencias, adoptar as medidas administrativas sancionadoras que correspondan”.

Sobre este caso, a Xunta informou que o martes tivo entrada a denuncia na súa Xefatura Territroial de Lugo e que, ese mesmo día, procedeuse de oficio á remisión da mesma á Fiscalía Provincial de Medio Ambiente de Lugo ao poder ser os feitos “constitutivos dun delito de malos tratos contra os animais domésticos“.

Por parte de diversas entidades animalistas, solicitouse á Xunta que incoase un expediente sancionador en relación aos malos tratos sufridos pola cadela.

QUERELAS

O home que supostamente disparou á súa cadela no municipio lucense de Chantada terá que facer fronte agora a múltiples querelas, dado que tanto a Federación Española de Caza como o Colexio de Veterinarios de Lugo anunciaron que interporán demandas contra el, mentres que o Partido Animalista (PACMA) e Mundo Vivo presentaranse como parte nun hipotético proceso xudicial.

A cadela morreu onte ao mediodía nas instalacións do Hospital Clínico Veterinario de Lugo, onde permanecía ingresada desde o pasado fin de semana en estado grave. Os veterinarios trataron de salvarlle a vida desde o pasado sábado, cando ingresou no hospital, e estivo tratada con analxesia e antibióticos, pero finalmente morreu por mor da gravidade das feridas.

Fontes da Consellería de Medio Ambiente informaron a EFE de que a denuncia por estes feitos entrou onte pola tarde na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, procedente do posto da Garda Civil de Chantada. A denuncia será remitida á Fiscalía Provincial de Lugo, tendo en conta de que os feitos poden ser constitutivos dun delito de malos tratos contra os animais domésticos, pervisto no Código Penal.

A Real Federación Española de Caza expresou “a súa maior repulsa ante o inexplicable acto de agresión contra unha cadela por parte do seu dono na zona de Chantada”, ademais de anunciar a súa intención de presentar unha querela contra “este suxeito”, cuxos actos “non teñen cabida en ningún grupo e moito menos na cinexética”. Mediante un comunicado, a Federación de Caza lembra que “os cans son sempre os mellores compañeiros no desenvolvemento da propia actividade cinexética e na vida cotiá”.

ANIMALISTAS

Pola súa banda, o Partido Animalista (PACMA) anunciou que se personará como acusación popular e iniciou unha campaña de recollida de firmas para esixirlle ao futuro Goberno unha modificación do Código Penal para o endurecemento das penas por malos tratos animais. Tamén a Asociación Animalista Libera comunicou a súa intención de solicitar medidas cautelares para este veciño de Chantada, porque sostén que unha persoa que exhibiu “ese grao de crueldade” non pode seguir tendo animais ao seu cargo.

 

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...