HomesociedadeA Fiscalía esixe dez anos de prisión para o sospeitoso de distribuír...

A Fiscalía esixe dez anos de prisión para o sospeitoso de distribuír pornografía infantil nas redes sociais

A Fiscalía esixe dez anos de prisión para un veciño de Taboada, sospeitoso de distribuír pornografía infantil a través de redes sociais e de almacenar vídeos e imaxes de contido pedófilo en diversos dispositivos.

Publicado o

- Advertisement -

Os feitos aconteceron entre 2013 e 2014. JM.F.S., maior de idade, sen antecedentes penais, cometía os feitos delituosos conectándose a internet desde redes wifi de locais públicos.

En xuño do 2014 rexístrase, no municipio de Taboada, o domicilio do sospeitoso incautando dispositivos electrónicos con arquivos de pornografía infantil de menores practicando sexo con adultos.

Segundo a Fiscalía os feitos son constitutivos dun delito continuado de corrupción de menores na modalidade de difusión de pornografía infantil con menores de 13 anos e un delito de corrupción de menores na modalidade de posesión de material pornográfico infantil para seu propio uso.

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...