HomesociedadeA Deputación mellora as estradas que unen Sober con Doade e Monforte

A Deputación mellora as estradas que unen Sober con Doade e Monforte

A  Deputación inviste 230.000€ en mellorar o firme das estradas que comunican Sober e Doade e Sober e Monforte

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo inviste preto de 230.000€ na mellora do firme da estrada LU-P-5903 entre Sober e Doade, as obras realízanse entre os puntos quilométricos 2,3 e 2,7  e tamén entre o 10,7 e o12. E na LU-P3201, estrada que conecta Monforte con Sober, as actuacións execútanse entre os puntos quilométricos 3,3 e 4,1 e 5,7 e 6,5.

Os traballos de asfaltado da estrada LU-P-5903 comezarán o vindeiro luns, día 9, e desenvolveranse ao longo da semana. Para poder desenvolver estas actuacións, a Deputación manterá a vía cortada e estarán habilitados desvíos alternativos no punto quilométrico 8, á altura da glorieta. A intención é procurar que os condutores se vexan o menos afectados posible, por iso estarán debidamente sinalizados os destinos Doade e Sober en cada cruzamento. Estas vías alternativas afectan nun incremento de 2 quilómetros ao trazado orixinal.

O Presidente da Deputación, Tomé Roca, destaca a importancia de avanzar na mellora da rede viaria provincial, a máis extensa de España “porque as comunicacións son fundamentais para manter vivo o rural e garantir a igualdade de oportunidades”.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...