HomeCulturaMonforte cultiva o sentido do humor

Monforte cultiva o sentido do humor

O psicólogo e "titirapeuta" madrileño Fidel Delgado ofrecerá unha interesante charla sobre o sentido do humor nas relacións persoais e sociais.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Cultural, Educativa e Social aulABERTA ofrecerá un novo evento, e xa é o segundo dende a súa recente creación en Monforte, o mércores 20 de xuño ás 20:15 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte.

O evento, “Cultivando o sentido do humor”, consistirá nunha singular charla a cargo de Fidel Delgado coa que se pretende impartir coñecementos psicolóxicos dende a perspectiva do humor. 

fidel delgado

Fidel Delgado traballou como psicólogo clínico no hospital universitario La Paz de Madrid, foi docente na Escola Universitaria de Enfermería e dedícase á formación de profesorado da rede pública de saúde. Tamén vai alí onde o chaman para transmitir bos consellos sobre unha vida fluída con charlas nas que se presenta como “titiripeuta”.

Destaca o seu discurso pola sinxeleza, sentido do humor, lucidez e sabedoría que transmite, estando a día de hoxe moi solicitado para dar charlas, conferencias e formacións. Tanto é así que Luís Carlos Parada, profesor do IES Río Cabe e presidente da asociación, dicía esta mañá en Radio Principal Cadena Ser que contactaron con el en febreiro e xa case non tiña datas dispoñibles.

Nunha recente entrevista a revistaesfinge.com autodefiníase do seguinte xeito: “soy indefinido, ilimitado, fiel a Fidel, pero Fidel se va viendo, según cada día transcurre. Alguien que estrena la vida cada día”.

 

 

ÚLTIMAS

Quiroga celebra o 15 de marzo os Cantos de Taberna

O Concello de Quiroga ten aberto o prazo para participar neste festival de música...

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...