HomePolíticaO Alcalde de Bóveda acusado de enganar ós veciños

O Alcalde de Bóveda acusado de enganar ós veciños

O principal grupo da oposición de Bóveda, denuncia que o actual rexedor engana ós veciños ocultado carteis do Plan Único da Deputación de Lugo

Publicado o

- Advertisement -

José Manuel Arias López, actual alcalde do Concello de Bóveda e pertencente ó PP, foi denunciado pola voceira do PSOE de Bóveda, Carmen Macía, de intentar enganar ós veciños do concello ocultando carteis informativos nas obras que financia o goberno provincial a través do Plan Único. Macía apuntou que, “o Alcalde está a pór en risco as axudas que os socialistas destinan ó Concello pois as bases do Plan Único obrigan á súa sinalización”.

Dende a oposición tamén enganden que, “as dúas ou tres obras que financia a Xunta de Galicia contan cos seus paneis informativos. Pola contra, todas as obras da Deputación carecen deles, a pesar de que a meirande parte das actuacións que se están a realizar no Concello, dirixidas a mellorar a calidade de vida dos veciños, son financiadas pola Deputación. O único que quere o Alcalde é ocultar a súa nefasta xestión para o que o PP non ten ningún tipo de proxecto futuro”.

O executivo provincial solicialista investiu no concello 160.000 euros no 2017 no marco do Plan Único. Con este investimento realizáronse melloras no saneamento e depuración de Eimer, A Tourona, Xulián, A Ponte, Volaboa-Casas Novas e Ver. Tamén se rehabilitou o acceso en Souto, Teilán, Remesar, O Castro, Tuimil, Campo do Muro, Rubián, Casas No0vas e Rúa Real de Bóveda. Finalmente tamén se optimizou o alumeado exterior de Bóveda, Agra e Rúa Nova, en Rubián.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...