HomeCulturaI Escaleira poética de Sober

I Escaleira poética de Sober

O acto poético e musical, promovido pola activista cultural soberina Moncha Prieto, celebrarase este sábado ás 19:00 horas no Centro Sociocultural

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober colabora coa organización deste evento poético e musical promovido por unha veciña para conmemorar as Letras Galegas deste ano. O acto, que servirá como unha homenaxe a María Victoria Moreno, comezará coa lectura de relatos e poemas dos propios autores con acompañamento instrumental. Participan nesta lectura: Carlos Rafael, Leticia Sáez, Moncha Prieto, Paco Ledo, Rosa García, Ramón Sandoval, Sara González e Xosé Lois García. De seguido haberá unha actuación do grupo musical O Trícole.

Súmase a este acto a Escola Municipal de Teatro de Sober cos posta en escena de ‘As Literatas’, unha breve lectura escenificada a partir dun texto de Rosalía de Castro titulado ‘Las literatas’, e subtitulada ‘Carta a Eduarda’. É unha obra de 1865, orixinalmente en castelán, na que se fala da situación das mulleres escritoras de mediados do século dezanove.

As encargadas da posta en escena serán María Rodríguez Trigo e Eva Abal Tobío. A tradución e adaptación do texto de Rosalía foi feito por Eva F. Ferreira, dramaturga e directora da escola.

De seguido, Sara González interpretará un poema con danza. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, será o encargado de pechar o acto.

ÚLTIMAS

Certame de Poesía Infantil de Nadal en Monforte

O Concello de Monforte vén de concovar unha nova edición do Certame de Poesía...

Ramón Díaz-Varela López de Margarita Asesores encabeza a candidatura que asumirá a directiva do CCU este 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano de Monforte celebrou este luns, 23 de novembro, a súa...

O Programa Integrado de Emprego de Chantada chega a un cento de persoas desempregadas

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada (PIE) inicia a súa actividade...

O Fiadeiro, territorios que conectan, vincula iniciativas do Courel e da Ribeira Sacra

Máis espazos de coordinación, colaboracións concretas que empecen por proxectos pequenos e acceso en...