HomesociedadeGañou Sober cun conto dos alumnos do colexio

Gañou Sober cun conto dos alumnos do colexio

O Concello de Sober felicitou publicamente aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe 'Virxe do Carme' porque conseguiron o primeiro premio da XVI edición do Concurso Nacional de Contos Solidarios.

Publicado o

- Advertisement -

O Concurso de Contos Solidarios convócao Radio Nacional de España e a Fundación Crecer Xogando, dentro da campaña solidaria “Un xoguete, unha ilusión”, que este ano celebra o seu vixésimo aniversario.

O Concello de Sober, a través dun comunicado, agradece aos alumnos gañadores o seu traballo e a colaboración das persoas que “durante estes días votaron por eles”. Porque ao final, lembra o goberno local, “gañou Sober”.

Os propios gañadores, alumnos/as da clase de cuarto de Primaria, gravaron un vídeo que foi difundido a través das redes sociais para dar as grazas por ese apoio. O conto gañador titúlase “Os xoguetes solidarios” e foi elixido na categoría de Segundo Ciclo nun concurso que contou coa participación de alumnos/as de Educación Primaria de entre 6 e 12 anos e de Educación Especial de toda España. Á final chegaron, ademais do colexio de Sober, dous centros de Zaragoza, un de Sevilla e outro de Xixón.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...