HomesociedadeMúsica solidaria e reivindicativa en Sober

Música solidaria e reivindicativa en Sober

O pasado domingo 15 de decembro celebrouse o concerto solidario de Nadal da Escola Municipal de Música de Sober. Recolléronse 300 quilos de comida e fíxose unha chamada de atención para concienciar sobre o cambio climático.

Publicado o

- Advertisement -

No concerto, que tivo lugar no auditorio municipal e foi un éxito de público, participaron o coro infantil, o coro Berea, a Banda de Música de Sober, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o PAI de Sober

O Concello de Sober agradeceu, neste sentido, a alta participación de músicos/as e a implicación dos/as asistentes, que ademais aportaron un total de 300 quilos de comidas que se destinarán a familias que o precisen estas datas. Os servizos sociais seguirán recollendo durante toda a semana máis comida que poda chegar ao concello.

Coro infantil. Foto: Prensa Sober

A Escola de Música de Sober aproveitou o concerto para reinvindicar a importancia de combater o cambio climático. Para este fin tiveron a orixinal idea de interpretar o tema ‘Sweet Dreams’ a escuras e con carteis nos que podía lerse: “O planeta apágase. Non o apagues. Cóidao!”.

Actuación a escuras para chamar a atención sobre o cambio climático. Foto: Prensa Sober

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...