HomesociedadeMinuto de silencio para concienciar sobre o suicidio

Minuto de silencio para concienciar sobre o suicidio

Albores Saúde Mental e o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos convocan á cidadanía a un minuto de silencio este venres ás 12.00 polas persoas falecidas por suicidio. Por outra banda os centros de ensino de Monforte celebran este xoves ás 18.00, a Mostra de Panxoliñas.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación Albores Saúde Mental en colaboración co Hospital Comarcal de Monforte de Lemos convida á cidadanía a un minuto de silencio polas persoas falecidas por suicidio. A cita, o venres, 20 de decembro, ás 12:00hs. na entrada do Hospital de Monforte.

Ademais do minuto de silencio, levarase a cabo a entrega de premios do Certame Fotoxénica Mente III e a inauguración da exposición, que este ano rotará polos centros sanitarios da área sur de Lugo, centrando a sensibilización na cidadanía e no persoal sanitario para mellorar a detección das situacións con risco de suicidio, favorecendo que se trate a situación para evitar ese final. Nos próximos meses Albores desenvolverá outras actividades para celebrar o 20 aniversario da Asociación..

Actividades no ensino

Este xoves,19 de decembro, ás 18:00 horas, no Edificio Multiusos, os alumnos dos diferentes centros de ensino do concello de Monforte interpretarán composicións musicais de Nadal dentro da XXI Mostra de Panxoliñas para Centros de Ensino do Concello de Monforte de Lemos, organizada dende a Concellería de Cultura.

E no IES A Pinguela, Sarai Ríos Rodríguez, traballadora da xestoría Trámite na sección de nóminas e laboral, que fora alumna deste centro, en Administración, ven de impartir unha conferencia sobre as últimas aplicacións informáticas para a elaboración de contratos, nóminas, altas e baixas de traballadores ó alumnado dos ciclos medio de Xestión Administrativa e superior de Administración e Finanzas.

Sara Rois na Pinguela / IES A Pinguela

 

ÚLTIMAS

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...