HomePolíticaMonforte non solicita axuda económica para rehabilitar vivendas

Monforte non solicita axuda económica para rehabilitar vivendas

As partidas económicas para este tipo de actuacións están destinadas a concellos con menos de 20.000 habitantes

Publicado o

- Advertisement -

O PP de Monforte asegura que o alcalde José Tomé Roca puido solicitar a axuda de rehabilitación de antigas casas dos mestres, doutros edificios e vivendas de titularidade municipal posto que o concello conta con menos de 20.000 habitantes e sen embargo, non o fixo. Posteriormente, as vivendas serían destinadas para o alugueiro de familias con ingresos inferiores a 2.5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (Iprem).

Os populares manifestan que o alcalde “pon en evidencia a falta de traballo e o desinterese por mellorar a calidade de vida dos veciños, sobre todo daqueles que máis o precisan. Prefire ter vivendas baleiras, deshabitadas e sen rehabilitar, antes que facer os deberes e pedir as subvencións como fan outros concellos”. Finalmente lembran que, “en Sober, esta rehabilitación vaise levar cabo” como xa informou o  XdL.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...