HomesociedadeAdif licita obras de mellora en 14 quilómetros do tramo Monforte de...

Adif licita obras de mellora en 14 quilómetros do tramo Monforte de Lemos-Lugo

O obxectivo da actuación é mellorar as condicións de conservación e durabilidade das estruturas que, á súa vez, se adaptarán aos parámetros da nova electrificación do tramo (actualmente non electrificado).

Publicado o

- Advertisement -

Adif aprobou a licitación dun contrato para o tratamento de elementos de infraestrutura (pontes, terrapléns e trincheiras) nun tramo de aproximadamente 14 quilómetros da liña Monforte de Lemos-Lugo, cun orzamento de 4.060.240,35 euros.

Segundo informou a través dun comunicado, o contrato comprende o tratamento de 14 pontes, un terraplén e tres trincheiras entre os puntos quilométricos 361/143 e 375/305 do tramo Monforte-Lugo.

O obxectivo da actuación é mellorar as condicións de conservación e durabilidade das estruturas que, á súa vez, se adaptarán aos parámetros da nova electrificación do tramo (actualmente non electrificado). Tamén se mellorará a drenaxe da infraestrutura mediante a construción de novos elementos de drenaxe e a limpeza e adecuación dos xa existentes.

As actuacións de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte-Lugo, nas que se enmarca esta licitación, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe.

ÚLTIMAS

Novo encontro en Chantada do programa “Fibranzas” para a formación en cestería

A Fundación Artesanía de Galicia continúa co desenvolvemento do seu programa de perfeccionamento Fibranzas....

O PSdeG chama en Monforte á máxima mobilización para gañar o segundo deputado na provincia, “xogámonos o escano co PP”

A unha semana das eleccións xerais, os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao...

Este 28 de novembro no Auditorio Municipal do Saviñao cita co teatro para público infantil e familiar

O sábado, 28 de novembro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal do Saviñao representarase...

25N, por que?, tema do faladoiro desde 25 de novembro en Quiroga

O Faladoiro deste mes contará como persoa convidada con Marisa Castro, avogada e directora...