HomeCulturaO Apalpador anda por Monforte

O Apalpador anda por Monforte

Un Nadal máis, este ano o 24 de decembro, fará un percorrido polo centro da cidade acompañado da música de Servando Barreiro para rematar na Praza de Abastos, lugar no que contará contos e historias aos máis pequenos.

Publicado o

- Advertisement -

Estamos na véspera de Nadal e o persoaxe máis famoso do Courel baixa a Monforte para animar as rúas da cidade e ter un encontro cos máis pequenos e pequenas na Praza de Abastos.

O percorrido comezará na Praza dos Condes de Monforte, ao redor das 11:00 h., e rematará ás 12:00 h. no espazo indicado, lugar onde contará historias e atenderá aos nenos e nenas.

No percorrido e actuación posterior irá acompañado do músico Servando Barreiro, que poñerá música e cantos, e do ‘burriño Caramulo’ de madeira de bidueiro que tanto chama a atención.

O Burriño Sabaneiro

Esta actividade forma parte do programa de actividades que organiza o Concello de Monforte este Nadal.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...