HomeEconomíaO servizo de limpeza de edificios municipais de Monforte, a concurso

O servizo de limpeza de edificios municipais de Monforte, a concurso

O orzamento de licitación ascende a 324.000 euros para un contrato de dous anos e prorrogable outros dous máis

Publicado o

- Advertisement -

As empresas interesadas en presentarse ó concurso público da limpeza dos edificios municipais de Monforte teñen de prazo ata o vindeiro día 26 de xullo para achegar as súas candidaturas.

O novo contrato establécese cas empresas que resulten condenadas por sentenzas firmes nos últimos 5 anos por vulneración grave dos dereitos dos traballadores, non poderán concorrer á licitación. Por outra banda tamén se establece un réxime sancionador por incumprimento das condicións laborais, así como a obrigatoriedade de subrogación do persoal existente na actualidade, que son 10 traballadores. Seguindo este senso, as empresas que apliquen un convenio inferior con peores condicións co xeral do sector, tampouco terán acceso a esta oferta.

Para o concurso, establécense 3 lotes de edificios municipais,

  • Lote 1: Casa do Concello, Casa da Cultura, Edificio das Casitas e Centro Cívico por un importe de 134.000 euros.
  • Lote 2: Colexio A Gándara, Colexio Infanta Elena e Colexio Novo por un importe de 120.000 euros.
  • Lote 3: Edificio Expolemos, Edificio Multiusos, Nave de Servizos, Aseos nave de Mercado e Praza de Abastos por un importe de 70.000 euros.

 

 

ÚLTIMAS

Morre tras quedar debaixo do coche mentres facía unha manobra

Unha persoa faleceu esta tarde de martes tras ser atropelada en Monforte de Lemos...

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...