HomesociedadeCCOO desbanca a UGT por primeira vez no sur de Lugo

CCOO desbanca a UGT por primeira vez no sur de Lugo

CCOO gaña as eleccións sindicais no sur de Lugo, por primeira vez en 40 anos. Obtén o 43% da representación con 61 delegados, UGT o 29% con 41 delegados e a CIG 27,6% con 39 delegados.

Publicado o

- Advertisement -

CCOO considera que os bos resultados obtidos nas eleccións sindicais no sur de Lugo, son consecuencia dun “sindicalismo de proximidade ao conxunto dos traballadores, con visitas as centros de traballo. Unha asesoría socio-laboral e uns servizos xurídicos de atención permanente ao traballador”.

A Secretaría de Acción Sindical considera importante “nestes momentos de precariedade”, ter chegado con este proceso electoral sindical a máis de 3.500 traballadores e 91 empresas, sendo CCOO o sindicato maioritario.

Segundo apunta o sindicato, seguirán loitando por recuperar “os dereitos arrebatados coa reforma laboral para devolver a esperanza  miles de traballadores da zona sur.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...