HomesociedadeAxenda de remate de Nadal no Saviñao e Chantada

Axenda de remate de Nadal no Saviñao e Chantada

Actividades para os máis pequenos da casa nesta recta final das festas de Nadal.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Saviñao organiza tres obradoiros os días 2, 3 e 4 de xaneiro deste novo ano. O xoves 2 haberá un de cestería, o venres 3 un de arxila branca e o sábado 4 un de Nadal en madeira. Comezarán ás 18:00 h. e realizaranse na ludoteca de Escairón.

A Cabalgata de Reis do domingo 5 comezará ás 16:30 en Currelos e unha hora máis tarde comezará o seu percorrido polas rúas de Escairón. Para as 19:45 h. está programada a sú chegada ao Auditorio Municipal onde recibirán aos tenos e nenas con agasallos.

O Concello de Chantada, e como continuación á súa programación de Nadal, este xoves ofrecerá unha sesión de monicreques coa Compañía Marionetas Trécola no Auditorio Municipal. O espectáculo, “O agasallo de Anya”, comeza ás 18:00 h.

O venres 3 báixase o telón do Ciclo de Cinema coa proxección de “El regreso de Mary Poppins” -na Casa da Cultura ás 17:00 h.- e o sábado 4 está programada unha actividade de narración oral, “Contos solidarios” a cargo de Monicreques do Comercio Xusto. Será na Biblioteca Municipal ás 12:00 h.

A Cabalgata de Reis do día 5 comezará ás 17:00 h. Percorrido polas rúas da vila e remate no Auditorio Municipal onde as SS. MM. recibirán aos nenos e nenas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...