HomesociedadeCentros de Información á Muller para todos os concellos galegos, un dos...

Centros de Información á Muller para todos os concellos galegos, un dos desexos de ASOCIM

A asociación formula 12 desexos para o novo ano apoiados na súa loita contra o machismo. Considersan imprescindible a expansión dos centros para poder atender en tempo e forma ás mulleres das zonas rurais da comunidade, en especial ás do interior de Lugo e Ourense, provincias marcadas pola alta dispersión da poboación, e, deste xeito, que todos os concellos galegos conten cun CIM.

Publicado o

- Advertisement -

A reivindicación do cese de todas as violencias machistas (psicolóxica, física, sexual, económica) e a conquista dunha sociedade igualitaria é o desexo principal. Queren tamén que se mellore o reparto dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, poñendo o foco na optimización dos servizos que traballan coas vítimas e no aumento das axudas destinadas ás mulleres que están a sufrir violencia machista.

Demandan prestacións, cuxa contía e duración deben obedecer á situación real de vulnerabilidade que viven, permitíndolles atender as súas necesidades e situalas nun eido seguro desde o cal recuperar a súa liberdade e independencia. Como exemplo dos casos que necesitan unha liña de axudas específicas refírense ás mulleres maiores, xa que, pola súa idade e dada as altas posibilidades de que non cotizasen durante a súa vida laboral, quedan fóra do sistema de prestacións.

Como terceiro desexo, ASOCIM pide reforzar os Centros de Información á Muller tanto a nivel de persoal como de recursos. Solicitan que os CIM cunha alta actividade conten cunha/cun auxiliar administrativa/o e as tarefas de dirección se desenvolvesen de forma independente das funcións da/o avogada/o e/ou psicóloga/a para que poidan ocuparse plenamente da atención especializada ás usuarias.

A reivindicación dunha formación continuada, especializada e de calidade para as/os profesionais dos Centros de Información á Muller é outro dos puntos que marca a axenda de ASOCIM para o 2020. Lembran que deben atender tamén aos colectivos de menores e LGTBI+ e reclaman que se dote aos CIM de persoal experto nestas materias.

Centro Cívico / Concello de Monforte

En canto aos Puntos de Encontro Familiar, piden mellorar o seu funcionamento para que as vítimas non teñan que cruzarse cos seus agresores. Desde a asociación mostran a súa preocupación porque aínda desde certos ámbitos da saúde e a xustiza se siga a falar da síndrome de alienación parental (SAP). A este respecto ASOCIM pide a supresión do Servizo de Apoio Familiar (SAFIM[1]), recentemente posto en marcha en Galicia. Consideran que podería poñer en risco o benestar dos menores ao influír no transcurso do proceso xudicial e carecer de imparcialidade.

Solicitan formación en igualdade obrigatoria, no ámbito xurídico, policial e sanitario; para unha abordaxe completa desta problemática social desde todos os campos. Tamén piden que os medios de comunicación poñan en práctica as recomendacións dadas para o tratamento informativo dos casos de violencia de xénero.

Pechan esta listaxe, o 11º e o 12º desexo: a firma dun Pacto Galego contra a Violencia Machista e que todas as mulleres asasinadas por violencia machista figuren nas estatísticas oficiais, elaboradas pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, independentemente de se existía unha relación sentimental co asasino ou non.

ÚLTIMAS

En marcha os Trens Turísticos da Ribeira Sacra que funcionarán ata outubro

Renfe retomou este sábado as viaxes máis singulares por Galicia cos Trens Turísticos Xunto...

O luns, 8 de xuño, ábrese o prazo de matrícula para os Campamentos Deportivos de Verán en Monforte

O concello de Monforte publicou esta semana as listas de persoas admitidas nas actividades...

O BNG solicita revisar a autorización de Patrimonio para a nova ponte do Cabe

Segundo explicou o deputado do BNG, Iago Suárez Fernández, o proxecto previsto suporía unha...

Os Lactouros presumen de ‘navalla micolóxica personalizada’

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de presentar unha edición especial de navallas micolóxicas...