HomeEconomíaA normativa de 'vivendas turísticas' galega, refrendada polo TS

A normativa de ‘vivendas turísticas’ galega, refrendada polo TS

A xustiza avala á Xunta de Galicia na defensa da súa regulación das vivendas de uso turístico. Dálle a razón na obrigatoriedade de comercializar o uso e goce das mesmas de forma íntegra e impedindo o alugueiro por estancias.

Publicado o

- Advertisement -

O Tribunal Supremo dálle a razón ao Goberno galego e anula a sentenza emitida o pasado mes de outubro de 2019, que invalidaba un dos aspectos da norma galega para este tipo de aloxamentos referido á obriga de alugar a vivenda de forma íntegra.

O Executivo autonómico presentou en novembro de 2019 un incidente de nulidade entendendo que con esa sentencia vulnerábase o seu dereito á tutela xudicial efectiva, dado que a sentenza do Tribunal Supremo pretendía anular un artigo do Decreto 12/2017, de 26 de xaneiro, que xa estaba contido previamente na Lei 7/2011, de 27 de outubro. Revisado o fallo, o Alto Tribunal dálle a razón á Xunta e anula o fallo emitido, desestimando tamén deste xeito as alegacións presentadas por parte da Avogacía do Estado.

Chegados a este punto, o decreto da Xunta de 2017 que regula o alugueiro turístico permanece intacto e vixente de xeito que as vivendas turísticas e as vivendas de uso turístico en Galicia deben comercializarse sempre pola totalidade da vivenda e non por estancias como viñan reclamando a Avogacía do Estado e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC).

A Xunta amosa a súa satisfacción pola decisión xudicial, que avala a súa normativa, e aproveita para informar de que vén de introducir melloras na transparencia e publicidade destas vivendas e que intensificará o seu labor de inspección para garantir a seguridade, un marco de convivencia e impedir o intrusismo.

ANTECEDENTES

A tendencia de alugar unha vivenda habitual por días ou semanas con fines turísticos e a proliferación deste tipo de negocios a través de empresas que operan vía internet demandaba unha regulación normativa. A competencia para facelo deixouse nas mans das Comunidades Autónomas e así nace en Galicia o Decreto 12/2017, de 26 de xaneiro, de ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Este decreto foi recurrido na vía contencioso administrativa pola Avogacía do Estado e pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia -CNMC- pero o Tribunal Superior de Xustiza desestimou o recurso. O fallo viña a dicir que o decreto da Xunta era respetuoso coa normativa e que contiña un nivel regulatorio mínimo.

Ante esta sentencia, os demandantes recurriron ante o Tribunal Supremo e este, no seu fallo -outubro de 2019-, anulaba a norma no contido de 2 dos artigos, o 4.2 e o 5.1. referidos á obrigatoriedade de comercializar a vivenda na súa totalidade e impedindo a súa cesión por estancias. Neste punto, os avogados da Xunta presentaron un incidente de nulidade -novembro de 2019- e o propio Tribunal Supremo, tras revisar o caso, anulou o seu fallo dándolle a razón ao Executivo galego e avalando a súa normativa.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...