HomesociedadeOs animalistas critican que os cazadores non compareceran no caso da cadela...

Os animalistas critican que os cazadores non compareceran no caso da cadela Alma

Publicado o

- Advertisement -

O colectivo animalista ‘Libera!’ criticou o “cinismo” do “lobby procaza” logo de que “ningún grupo de cazadores nin federación se presentara como acusación” no caso de Alma, a cadela maltratada e tiroteada en Chantada.

Os animalistas lamentan que “aínda que organizacións como a Federación Galega de Caza e a Federación Española de Caza afirmaron que presentarían unha querela”, non teñen constancia de que finalmente algún deses colectivos comparecese. Tachan de “cínicos” estes grupos por “empregar os medios de comunicación para lavar a súa deostada imaxe pública” e logo non actuar en consecuencia.

ANTECEDENTES

O Xulgado de Instrución nº1 de Chantada encárgase do procedemento contra o individuo que arrastrou e tiroteou unha cadela, que faleceu días despois do suceso e deixou orfos a seis cadeliños de poucos días de vida.

 

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...