HomeCulturaBóveda viaxa ao "Luar" para ver á súa recanteira, Lorena Guerra

Bóveda viaxa ao “Luar” para ver á súa recanteira, Lorena Guerra

O Concello de Bóveda organiza o venres día 17 unha viaxe en autobús en apoio á cantante local, Lorena Guerra, quen vai participar como recanteira de ouro no  programa da TVG ‘Luar’.

Publicado o

- Advertisement -

As persoas interesadas poden inscribirse antes do luns día 13 no número 982 42 60 06 ou ben no propio Concello. A saída será ás 17:00 horas da Casa do Concello e o regreso en canto remate o programa. As prazas para asistir como público son limitadas, polo que desde o Concello piden a quen estea interesado que realice a súa inscrición no número de teléfono 982 42 60 06 ou ben no propio Consistorio. Deberán facilitar o nome e apelidos e o DNI.

A data límite para anotarse é o 13 de xaneiro ás 12:00 horas. As entradas outorgaranse por estrita orde de inscrición.

O obxectivo: pasar á seguinte fase

A cantante, natural de Villalpape, en Bóveda, Lorena Guerra participa nesta edición de Recanteiros de Ouro do Luar tras ter asistido xa no 2015 ao programa e conseguir chegar a cuartos de final. Na súa intervención do día 17 vai interpretar ‘Dama, dama’ en solidario e ‘Color esperanza’ a dúa con outra concursante.

Lorena Guerra espera pasar á seguinte fase e “demostrar así o que non puiden demostrar na edición de 2015”, explica. A moza leva máis de 20 anos no mundo da música e asegura que pasar esta fase “sería toda unha honra”.

Desde o Concello de Bóveda o seu rexedor, José Manuel Arias, convida a apoiar a Lorena acompañándoa como público o día 17 e tamén desde as súas casas a todos os veciños e veciñas que prefiran seguila pola televisión. “Bóveda está con Lorena”, precisa.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...