HomesociedadeDeputación e Denominación colaboran na candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da...

Deputación e Denominación colaboran na candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez González, un convenio de colaboración da institución provincial coa Denominación para impulsar a promoción vitivinícola.

Publicado o

- Advertisement -

A achega de 6.000€ da Deputación contribúe a financiar gastos derivados da celebración da Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), que tivo lugar en Monforte de Lemos. Durante esta cita a Ribeira Sacra converteuse, por tres días, no epicentro do viño en España, contando cunha representación do 98% da produción nacional do viño con Denominación de Orixe.

Os asistentes tiveron a ocasión de viaxar en catamarán, realizar un tramo do Camiño de Inverno en Belesar, comer en diferentes adegas e cenar no Parador de Santo Estevo. A D.O.  Ribeira Sacra aproveitaba esta celebración para seguir reunindo apoios á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.

Asemblea CECRV / XdL

ÚLTIMAS

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...

Diego Vallina sobre o  pan de Siós: “cando chego ao Gadis case mo quitan das mans”

Cada día quedan menos panaderías como as de antes, que cozan en fornos de...

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...