HomesociedadeTriacastela en Camiños de Identidade

Triacastela en Camiños de Identidade

As actividades do programa Camiños de Identidade, no marco do TEU XACOBEO da Xunta de Galicia terán lugar entre febreiro e abril. En Triacastela, a cita será o 29 de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto Camiños de Identidade xurde como oportunidade para crear dinámicas de desenvolvemento rural en cinco concello galegos a través dun enfoque participativo e turístico.

Tras unha análise do potencial de cada concello, identifícanse recursos en cada territorio que, no seu conxunto, supoñen a esencia cultural de Galicia e que se complementan baixo a marca “Camiños de Identidade”. Este traballo permite crear un produto turístico a nivel local e a nivel galego.

Celebrarase un evento en cada concello onde se realizarán entre outras actividades unha ruta interpretativa e a presentación da identidade posta en valor. As actividades serán abertas ao público e de balde con inscrición previa. Arrancan en febreiro: o día 1 en Mondoñedo, o 8 en Rodeiro e o 29 en Triacastela e seguen o 14 de marzo en Porqueira e o 4 abril en Cabanas.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...