HomeEconomíaVI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Aberto ata o 16 de febreiro o prazo para participar no VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. No 2014, a raíz do premio da Lotaría do Neno en Monforte, un grupo de voluntarios e agraciados co premio, tomaron a iniciativa de que esa sorte revertese en Monforte e contorna, e crearon o Concurso de Proxectos Empresariais Semente Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

Neste 2020 o Concurso adquire unha nova dimensión coa incorporación da Deputación de Ourense e os concellos de Monforte de Lemos, Sober, A Pobra do Brollón, Chantada, Bóveda, Pantón e O Saviñao e pasa a chamarse Semente Ribeira Sacra.

O Concurso ten por obxecto incentivar proxectos empresariais, con especial atención aos proxectos innovadores e con preferencia aos vinculados co territorio Ribeira Sacra, para desenvolver o medio rural e a posta en valor dos seus recursos; pero ábrese a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial.

Ata o 16 de febreiro está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 1 de marzo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descripción xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería invertir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).

As ideas seleccionadas presentarán antes do 17 de Abril do 2020, o proxecto rematado, achegando arquivos PDFmediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

O 9 de Maio de 2.020, os 10 candidatos deberán defender o seu proxecto diante do xurado, formado polas empresas patrocinadoras, institucións colaboradoras e dous membros da Asociación Semente Monforte. O fallo e a entrega de premios farase nunha cea-gala que se celebrará en Monforte de Lemos esa mesma noite.

O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 10.000€
  • 2º Premio – 7.000€
  • 3º Premio – 3.000€

2020, un ano especial para Semente Ribeira Sacra

O incremento de empresas patrocinadoras e a incorporación de concellos da Ribeira Sacra e da Deputación de Ourense levou a que o Concurso pasara a chamarse Semente Ribeira Sacra. Amplíase tamén, neste ano, a contía dos premios e estréase web.

A nova web sementeribeirasacra.org ofrece a información completa e bases do Concurso de Proxectos Empresariais, así como a posibilidade de inscribirse, presentar as ideas e os proxectos a través da web. Unha web que ademais se abre para chegar a máis lugares, unha vez que a convocatoria ten carácter internacional.

V Edición do Concurso de Proxectos Empresariais / Semente Monforte

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...