HomesociedadeInvestimentos na sinalización do Camiño de Inverno

Investimentos na sinalización do Camiño de Inverno

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou en Fitur que no mes febreiro será presentado un proxecto de sinalización dotado con 3 millóns de euros.

Publicado o

- Advertisement -

O representante da Xunta fixo pública esta noticia aproveitando a presentación da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Fitur. Segundo el, o investimento permitirá mellorar o atractivo desta ruta, coa sinalización e impulso dun total de 175 quilómetros en 13 concellos deste itinerario que está chamado a ocupar un papel cada vez máis destacado, pois entre outros territorios atravesa a Ribeira Sacra, candidata a Patrimonio Mundial.

Román Rodríguez abordou outras actuacións neste Camiño, como o Plan de Mantemento que, por primeira vez, asigna un contrato para cada vía. No caso do Camiño de Inverno o investimento é de 1,5 millóns que serven para garantir o mantemento antes, durante e despois da celebración do Xacobeo 2021, beneficiando a veciños e peregrinos.

Román Rodríguez en FITUR. Fonte: Prensa Xunta de Galicia

A folla de ruta do Goberno galego pasa por chegar ao Xacobeo 2021 cos deberes feitos para mellorar trazados e para ofrecer uns excelentes servizos aos peregrinos. Neste sentido, activouse un Plan de Albergues que posibilitará a reforma do Pazo Episcopal de Diomondi para apertura dun albergue no Saviñao, así como abordar o estudo para a creación doutro albergue en Rodeiro.

O conselleiro sinalou tamén que estas accións complementaranse co necesario labor das entidades implicadas co Camiño de Santiago, como a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno que xoga un papel protagonista no impulso e difusión deste trazado.

CAMIÑO DE INVERNO

O Camiño de Inverno é unhas das rutas xacobeas máis novas do Camiño de Santiago. Foi oficializada en 2016 e “conta cun gran futuro e unha gran proxección xa que o número de peregrinos está a evolucionar notablemente”, explicou o titular de Cultura e Turismo. Unha afirmación que corroboran os máis de 1000 peregrinos que percorreron este itinerario no pasado 2019.

ÚLTIMAS

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...

Inscricións abertas para o Quiroga Bike Marathon que se celebra en setembro

O recorrido do Quiroga Bike Marathon levará aos  ciclistas a unha espectacular paisaxe pasando...