HomeTerra de LemossanidadeA Deputación esixe que a Xunta garanta o futuro dos hospitais comarcais

A Deputación esixe que a Xunta garanta o futuro dos hospitais comarcais

A Deputación de Lugo esixe que a Xunta de Galicia garanta o futuro dos hospitais comarcais na provincia. Logo do peche do paridorio de Verín, a institución provincial quere blindar os centros sanitarios de Burela e Monforte de Lemos para que non tomen un rumbo semellante. A moción presentada polo PSdeG contou cos votos a favor do BNG. 

Publicado o

- Advertisement -

A voceira socialista, Pilar García Porto, asegura que primeiro a Xunta infradotou o servizo do paridoiro de Verín, logo derivou aos doentes con risco a outros centros e logo xustificou o seu peche polo descenso de partos. Algo que García Porto cualificou de “espiral perversa” do Partido Popular. A Deputada criticou tamén a fórmula do “consentimento informado” que teñen que asinar as futuras nais en Verín, “unha especie de ameaza da Xunta, porque queren que collamos medo para baleirar os hospitais comarcais”.

Por outra banda, a Deputación de Lugo tamén sacou adiante un decálogo de medidas en defensa da sanidade pública. O PSdeG e o BNG votaron a favor de frear o deterioro que sofre o sistema sanitario galego provocado polos recortes do PP.

A voceira do grupo socialista asegurou que “a política sanitaria da Xunta baséase nos recortes de recursos e orzamento, nas desigualdades asistenciais segundo onde se resida, no desmantelamento de hospitais comarcais, no abandono dos centros de atención primaria, na ocultación e manipulación das listas de espera, na precarización e explotación do persoal, recorte de camas hospitalarias, privatización e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados ou a desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres”.

Pleno Deputación / Deputación Provincial

García Porto afirmou que as políticas do Partido Popular na Xunta de Galicia levan á sanidade pública a un punto de difícil retorno e que paralas é obrigación de todos e todas.

Entre os acordos adoptados polo Pleno da Deputación de Lugo están o de apoiar a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro día 9 de febreiro en Compostela; esixir o cese da política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais das Áreas Sanitarias da provincia; revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade, ou reducir as listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos.

ÚLTIMAS

O PP destaca “os 6 millóns de euros que a Xunta investiu no Hospital de Monforte” nos últimos dous anos

Segundo as populares estas melloras evidencian "o compromiso do Goberno galego coa veciñanza do...

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra”, primeiro poemario de Gloria Guerrero García coa Ribeira Sacra de fondo

“Verbas do Corazón, camiños de tinta e terra” é o primeiro poemario de Gloria...

Esperta Monforte reclama facer un estudo das rutas de sendeirismo do municipio e acondicionalas

Segundo Esperta Monforte a práctica totalidade dos concellos que forman parte da Ribeira Sacra...

A XXI Feira Medieval de Monforte celébrase baixo a chuvia

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...