HomesociedadeVivenda de promoción pública para a monfortina á que lle ardeu a...

Vivenda de promoción pública para a monfortina á que lle ardeu a casa

A Xunta de Galicia fará entrega dunha vivenda de promoción pública á veciña de Monforte de Lemos que perdeu a súa vivenda habitual nun incendio ocorrido a finais de xaneiro.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza coa afectada, Emilia Beceiro, para explicarlle as opcións que ofrece o Goberno galego aos damnificados por sinistros semellantes, dunha banda facilitándolles unha nova vivenda, se así o desexan, e doutra achegando financiamento para a rehabilitación da súa residencia habitual a través de diversos programas de axuda.

A afectada optou por acceder en réxime de alugueiro a unha vivenda de promoción pública situada na rúa Benito Vicetto, moi preto do seu anterior domicilio. A casa conta con tres dormitorios e 82 metros cadrados, e a adxudicación é directa, unha circunstancia excepcional que se reserva para causas extraordinarias.

En días pasados, o delegado e técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)  reuníronse tamén coas persoas que resultaron damnificadas por senllos incendios nas súas casas en Carballedo e Folgoso do Courel (a finais de decembro). Neste último caso  manifestaron a súa preferencia polo bono alugueiro.

O IGVS, que depende da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ofrece aos propietarios o acceso a unha vivenda en adxudicación directa ou ben ao bono alugueiro. Igualmente, informa das liñas de axuda á rehabilitación que se convocan periodicamente.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...