HomesociedadeMellora de estradas provinciais en Monforte, A Pobra do Brollón e Chantada

Mellora de estradas provinciais en Monforte, A Pobra do Brollón e Chantada

A Deputación aproba os Plans de Seguridade e Saúde no Traballo da rehabilitación de firmes nos municipios da Fonsagrada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, A Pontenova e Chantada

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de aprobar un conxunto de Plans de Seguridade e Saúde no Traballo das obras de rehabilitación do firme de 9 estradas provinciais de 5 concellos nos que a institución provincial investirá máis de 1millón de euros.

No concello de Monforte de Lemos e no da Pobra do Brollón “imos comezar a rehabilitación da estrada LU-P-3203 que conecta o núcleo de Monforte con Rozavales; e tamén a LU-P-4702 Vilachá-A Pobra do Brollón”, sinalou García Porto. Nesta obra arranxaranse preto de 7,5 quilómetros e vanse investir 264.000€.

No concello de Chantada vaise mellorar o firme da estrada provincial LU-P-1802, que une Chantada co encoro de Belesar; tamén a LU-P-1804, que conecta Touza con Ponte de San Fiz e a LU-P-1809, que discorre entre Chantada e Antas de Ulla. En total son case 9 quilómetros e medio e nestas tres vías provinciais invístense 317.000€.

ÚLTIMAS

O CCU de Monforte convoca eleccións para o 26 de novembro

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte convoca para o próximo 26 de novembro...

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...