HomesociedadeTodo listo en Sarria para o IV Fiporco

Todo listo en Sarria para o IV Fiporco

Este sábado 8 de febreiro ten lugar a cuarta edición da Feira Internacional do Porco e os seus produtos gastronómicos e a décimo segunda do Cocido de Porco Celta da Comarca de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

O Mercado Gandeiro, no Campo da Feira de Sarria, será o lugar onde se desenvolverá esta cita gastronómica na que o produto rei será o porco -tradicional e celta- e os seus produtos derivados, pero que contará tamén cun posto de carne de razas autóctonas de Galicia, un de conservas de castañas e marmeladas, un de mel, un de repostería, varias queixerías e incluso un posto de azafrán ‘delicatessen’. En total serán 15 os expositores relacionados coa gastronomía, aos que hai que engadir 5 anticuarios.

Tres establecementos hostaleiros da Comarca de Sarria, 2 en Sarria -Hotel Alfonso IX e Hotel Roma- e un de Samos -Hotel A Veiga- ofrecerán a posibilidade de degustar o Cocido do Porco Celta o propio sábado e ovos fritidos con chourizo o domingo 9 .

PROGRAMA

Ás 10:00 h. será a apertura oficial do recinto quedando inaugurada a 4ª Feira Internacional do porco e os seus produtos gastronómicos. Haberá exposición e venda.

Ás 12:00 h. actuarán os integrantes da Asociación local Peleriños e ás 13:15 h. terá lugar a recepción de autoridades e visita á feira.

O pregón está programado para as 14:00 h. e o encargado deste ano será o Excmo. Sr. D. Juan José González Rivas, Presidente do Tribunal Constitucional. A continuación, sobre as 14:30 h., empezarase o XII Xantar do Cocido de Porco Celta Comarca de Sarria.

Xa pola tarde, a partir das 16:30 h. farase o “Nomeamento de Cazoleiras e Tixoleiros 2020”. Neste tradicional e curioso nomeamento búscase facer un recoñecemento a persoas que co seu labor fan posible que esta celebración se consolide e vaia a máis cada ano. Xente que poña en bo lugar e dimensione este evento, que poden ser cociñeiros/as, xornalistas, políticos/as, empresarios/as… O recoñecemento de “tixoleiros” é para os homes e o de “cazoleiras” para as mulleres. Os/as escollidos/as recibirán un recoñecemento especial co seu diploma corresponden e non saberán quen son ata xusto este momento, co cal tamén ten un compoñente de especulación e de sorpresa final para os afortunados e as afortunadas.

A organización desta cita gastronómica, ademais do concello, corre a cargo da Academia Galega de Gastronomía. Ás 18:00 h. aproximadamente terá lugar a clausura do Fiporco 2020.

Festa porco celta

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...